Chicken Run 2: O amencer dos nuggets | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Chicken Run: Dawn of the Nugget |
Director | Sam Fell |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes | |
Música | Harry Gregson-Williams |
Fotografía | Charles Copping |
Montaxe | Stephen Perkins |
Estudio | |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | 14 de outubro de 2023 |
Duración | 98 minutos[2] |
Orixe | Reino Unido[3][1] |
Xénero | Animación |
Filme anterior | Chicken Run |
Na rede | |
Chicken Run 2: O amencer dos nuggets[4] (en inglés: Chicken Run: Dawn of the Nugget) é un filme británico de 2023 dirixido por Sam Fell a partir dun guión de Karey Kirkpatrick, John O'Farrell e Rachel Tunnard. Baséase nunha historia concibida por Kirkpatrick e O'Farrell.[5] É a secuela de Chicken Run (2000), e foi producido por Aardman Animations e está protagonizado polas voces de Thandiwe Newton, Zachary Levi, Bella Ramsey, Romesh Ranganathan, David Bradley, Daniel Mays, Jane Horrocks, Imelda Staunton, Lynn Ferguson, Josie Sedgwick-Davies, Peter Serafinowicz, Nick Mohammed e Miranda Richardson. Conta a historia de Rocky e Ginger que lideran unha misión de rescate cando a súa filla é secuestrada nunha granxa de aves moi avanzada dirixida pola súa antiga inimiga, a Señora Tweedy.
Chicken Run 2: O amencer dos nuggets estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Londres o 14 de outubro de 2023, e estreouse en Netflix o 15 de decembro de 2023, onde conta con opción dobrada e subtitulada en galego. Recibiu valoracións xeralmente positivas da crítica.